miércoles, 23 de julio de 2014

Fonte do Castro


Quedamos abraiados, resulta que a fonte do Castro, fonte historica que a tantos vilagarcians dou de beber non esta catalogada. non esta incluida nos elementos a protexer. Non sabemos quen fixo o catalogo, pero xa lle vale tanta incompetencia. e os prebostes politicos con responsabilidade no feito o mesmo ou peor. A Fonte do Castro o seu primer emplazamento foi no que hoxe e a Praza de Galicia e logo pedra a pedra con todo o primor foi levada a Praza do Castro. Era o ano de 1905. Imos incluir unha informacion do ARI que explica algunhas cousas da historia da Fonte.

Na actualidade, aínda que o barrio foi bastante transformado coa construción de modernos edificios de vivendas, conserva parte da súa fisonomía tradicional e algunhas edificacións de indubidable interese histórico e patrimonial. Dende logo, un dos espazos máis representativos, sobre o que gravita o resto do núcleo, é a praza do Castro, onde se atopa a fonte que nos ocupa.
Dende o punto de vista histórico, estamos ante a fonte máis antiga conservada en todo o Casco Urbano. , en 1875 o entón alcalde de orixe catalán José Bargés Carros quixo dotar á vila da súa primeira traída de augas, procedentes dunha finca dos López Ballesteros en Trabanca1. Nace así a necesidade de construír a “fonte da vila” e o lugar escollido é a Praza do Sol, a escasos metros da Torre do Reloxo. Esta fonte foi colocada o 24 de abril de 1875, ainda que pouco despois quedaría sen auga debido ao afundimento de grande parte das canalizacións subterráneas construídas meses antes.







En 1877 retómanse as obras da “traída” e a fonte volve a funcionar a pleno rendemento. Durante alomenos unha década esta foi a única fonte pública da vila e, polo tanto, o único punto de abastecemento de grande parte da súa poboación, polo que se formaban enormes colas de xente, constituíndose como o lugar de encontro máis importante da vila: “(…) especie de casino al aire libre, para fámulos de ambos sexos, y hay que tener presente que los cuatro o cinco viajes diarios a la fuente, constituye, por decirlo así, el rato de esparcimiento, la hora de recreo concedida a la chica que durante todo el día bregó entre copla y copla con todas las cochinerías de un verdadero atuido”2.
Obviamente, a Corporación pronto se da conta da esixencia de agrandar a rede de abastecemento, esta vez poñendo a vista nas augas procedentes do Agro da Troquiña en Trabanca: “(…) es una gran necesidad atender al abastecimiento de aguas potables al vecindario, puesto que el crecimiento de este, de pocos años a esta parte, demuestra que es insuficiente la única fuente de que hoy dispone para atender el suministro de esta población”3. Así, no ano 1887 se constrúe unha nova rede de abastecemento que surtiría á nova fonte levantada na Praza do Mercado e ao lavadoiro da Praza de Ravella

Ravella, ademáis de garantir o abastecemento na nosa fonte, que seguía a ter bastantes problemas neste sentido.
A poboacion sigue a medrar,e insuficiente o que hai, a propia corporacion o admitia por eso acomete unha nova ampliacion da rede e se construen duas novas fontes unha na praza do asilo e outra na praza de Lepanto, esta ultima pouco despois vai a sustituir a da praza do sol que en 1905 e vtrasladada pedra a pedra a plaza Martin Gomez Abal no barrio do Castro lugar donde permanece hasta a actualidade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario