sábado, 26 de julio de 2014

INTENTANDO FACER XUSTICIA

No ano 2004 logo dunha longa investigación puxémonos en contacto coas familias das vítimas do franquismo. A primeira reunión deu como resultado que todo aquilo merecía un recoñecemento, un paso adiamte hacia o equiparamento, hacia a xusticia. Moitos dos familiares non tiñan unha sepultura para levarlle flores, unha chea de razóns levaron os corpos dos seus pais a unha fosa común, outros desapareceron, o caso que eles non tiñan un sitio para levar flores. Querían un monumento con tódolos nomes. PODEMOS AROUSA escomenza aquí unha páxina de memoria social, pero tamén política, porque non somos ninguén si esquencemos as leccións do pasado, non é posible o futuro sen aprender, sen lembrar.





Antonio Sayanes naceu en Vilagarcía, o seu pai era garda civil. Antonio fixose mariñeiro e foise para Vigo, para os barcos de pesca, tiñan mais futuro. O Berbés estaba en pleno apoxeo.

Cando estallou a Republica Antonio xa estaba casado e afiliouse a CNT. Era un tipo moi reflexivo que enseguida foi elexido secretario xeral de pesca. Estivo no congreso de Zaragoza xunto o seu gran amigo de Vilagarcia, Rodrigo Berruete Alejandre, cabeza do sindicato en Arousa. Cando o golpe de estado de 1936, comenzaron as persecucións e asesinatos. Antonio botou a andar polo monte cara a Vilagarcía e uníuse a cuadrilla de Rodrigo que era coñecido no pobo como, O Gitano. Non fumos capaces de saber o porque de ese apodo pero nada que ver con cuestións de raza, posiblemente coa cor da pel, Rodrigo era moi moreno.

No monte había unha chea de republicanos que foron caendo baixo as gadoupas falalanxistas, outros entregándose e outros aguantando. Antonio Sayanes escríbelle esta carta, que figura mais arriba deste texto, a súa muller desde o monte en Novembro de 1936. Foille entregada por un enlace. Había xente que arriscaba a súa vida por botarlles unha man. A os tres meses desta carta, Antonio e o grupo ao completo, caían en Loenzo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario